REMATAMOS O NOSO MATERIAL DIDÁCTICO

Para rematar o noso material didáctico decidimos realizar un videoquiz que consiste en, tras ver un anaco dun vídeo, respostar a unha serie de cuestións acerca do instrumento que se está tocando. Distingues un contrabaixo? Sabes a que familia pertencen todos os instrumentos? Ponte a proba no noso xogo!
VIDEOQUIZ MUSICAL

PROBLEMA SOLUCIONADO E NOVO XOGO!

Fomos capaces de solucionar o problema co que nos atopamos e traémosvos un novo xogo que consiste en respostar correctamente unha serie de preguntas sobre os instrumentos de cada agrupación. Deberase realizar antes dun tempo máximo de 10 minutos. Adiante!

Os intrumentos das agrupacións

ATOPÁMONOS CON PROBLEMAS!

Atopámonos cunha serie de problemas para realizar o seguinte xogo que temos en mente. O programa non nos garda o que realizamos e non logramos avanzar. Esperemos que sexa un problema puntual e que pronto vos traiamos un novo xogo!

TES UN BO OÍDO MUSICAL?

Este xogo ocurréusenos tras conversar cun compañeiro de clase cando este nos dixo que el non era capaz de distinguir unha trompeta dunha tuba polo son. Ao oír iso decidimos realizar un xogo que consistise en relacionar varios instrumentos co seu determinado son. A finalidade deste xogo é que os nenos saiban recoñecer os instrumentos polo son, e non só pola súa forma.
Veste capaz de distinguir 12 instrumentos polo seu son? Adiante!

Os instrumentos e os seus sons

SEGUIMOS AVANZANDO

Vemos moi importante que os máis pequenos aprendan a música tradicional galega e por iso mesmo decidimos crear un xogo no cal poidan descubrir instrumentos tradicionais galegos. Decidimos realizar unha sopa de letras na cal teñen que buscar unha serie de instrumentos,  e así aprender xogando!


Os intrumentos tradicionais

ISTO COMEZA!!

A nosa imaxinación espertou e o noso material didáctico comeza a formarse. O primeiro que realizamos foi un xogo que consiste en relacionar o nome de cada instrumento ca súa imaxe .
Esperemos que lles coste un pouco menos que ao noso compañeiro Carlos!


Os intrumentos musicais: nome e imaxe

Un pouco de información...

O noso material didáctico consistirá na realización de diferentes xogos para que os nenos de Educación Primaria poidan reforzar os seus coñecementos sobre a materia de música.  Para a realización dos xogos utilizaremos Educaplay, unha plataforma online que permite crear actividades multimedia cun resultado atractivo e profesional.

O noso obxectivo é que os nenos de sexto de Primaria aprendan a forma, o nome, a clasificación e o son da orquesta. Así que comezamos!

BENVIDOS AO NOSO BLOG!

Benvidos a todos e todas ao noso blog! Somos Xián Ardións, Carlos Barreiro e Borja Buján, alumnos de 1º curso de grao en Educación Primaria da USC e utilizaremos este blog para publicar os recursos empregados para a realización dun material didáctico. Ademais, irémosvos contando os problemas que nos vaian xurdindo neste proceso. Seguídenos nesta aventura!

REMATAMOS O NOSO MATERIAL DIDÁCTICO

Para rematar o noso material didáctico decidimos realizar un videoquiz que consiste en, tras ver un anaco dun vídeo, respostar a unha serie ...